Cargando resultados...
O caso Pegasus ameaza a lexislatura
O caso Pegasus ameaza a lexislatura
A espionaxe ao independentismo abre fendas entre os aliados da investidura
A entrada nos móbiles de Sánchez e Robles cobra a cabeza da directora do CNI
Antón Montero
14/05/2022 15:35
O caso Pegasus, esa suposta espionaxe ao movemento independentista catalán, levou as relacións entre o Goberno e os socios de investidura a un punto crítico.
Pescudas posteriores tamén desvelaron fendas na seguridade nacional, con intrusións aos teléfonos do presidente do Goberno e dalgúns dos seus ministros.
Hoxe queremos saber máis sobre Pegasus, un programa espía case indetectable e que revela algúns dos peores riscos dun mundo cada vez máis tecnificado.