Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta afronta os tres últimos días de mercado con varias operacións por pechar

O Celta afronta os tres últimos días de mercado con varias operacións por pechar

Guaita chegará a Vigo para reforzar a portería

O Valladolid e o Celta ultiman as condicións do acordo por Sergio Carreira

G24.gal 29/08/2023 21:30

O máximo goleador da Liga dos Paises Baixos, Douvikas, chega ao Celta para dar un salto de cualidade. A liga española é un reto na súa carreira. Tamén axudou que o adestrador sexa Rafa Benítez.

Douvikas é a primeira incoporación trala saída de Gabri Veiga. O mercado pecharase o venres e todo apunta a que a seguinte fichaxe vai ser o porteiro valenciano  Vicente Guaita, un veterán da liga española que queda libre no Crystal Palace inglés. Tamén está en camiño un mediocentro defensivo pra ocupar o lugar de Veiga.

Outro canteirán que pode saír nas próximas horas é Sergio Carreira, o lateral marcharia cara a Valladolid. Falta definir se como cedido ou como traspasado. Sería o último dun goteo de xogadores formados no Celta que se desvinculan do club.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade