Cargando resultados...
O Celta agarda a chegada de Orbelín Pineda en xaneiro
O Celta agarda a chegada de Orbelín Pineda en xaneiro
Onte xogou o seu último partido con Cruz Azul
G24.gal
23/11/2021 12:47
Vexan en acción a Orbelín Pineda, o futbolista mexicano que xogará no Celta a partir de xaneiro.
Estas imaxes corresponden ao último partido de Orbelín Pineda co Cruz Azul, que abandona despois de dúas temporadas.
Orbelín ten vinte e cinco anos, compañeiro de Néstor Araújo na selección, un futbolista que está permanentemente en contacto coa pelota, na condución do xogo.
Todo o fútbol de Cruz Azul pasaba polas botas de Orbelín. Centrocampista creativo, de batalla e aproximación á área rival.
"O meu soño está alá (en Europa), quero seguir progresando"