O Celta B perde unha boa oportunidade para garantir a presenza no play off
O Celta B perde unha boa oportunidade para garantir a presenza no play off
Cun triunfo diante do Ceuta garantiría o quinto posto, pero o empate final (1-1) fai que se teña que xogar a praza na Malata
O Celta B estragou unha gran oportunidade para certificar a presenza na fase de ascenso. Claro que enfronte estaba o Ceuta que se xogaba a vida e que está a ser un dos mellores equipos da categoría nesta segunda volta.
A derrota do Linares no campo do Sanse facía que o Celta B, cun triunfo, asegurase a quinta praza. O partido non puido comezar de mellor xeito, cun gol de Lautaro empurrando á rede un centro de Iker Losada. Pero antes do descanso empatou o Ceuta co tanto do goleador Rodri Ríos (20 goles, e iso que chegou no mercado invernal).
A segunda parte foi un túa - miña que puido caer para calquera dos dous lados. O Celta B gozou dunha boa ocasión final nas botas de Manu Garrido pero o resultado xa non se moveu.