O Celta celebra o seu 101 aniversario abrindo Balaídos á afección
O Celta celebra o seu 101 aniversario abrindo Balaídos á afección
O club preparou unha xornada especial para agasallar os seareiros
O R. C. Celta está de aniversario, fai hoxe, 23 de agosto, 101 anos. Completado o ano do centenario, o club olívico decidiu festexar a data abrindo as portas de Balaídos esta mañá a todos aqueles afeccionados que se anotaran nun formulario previo.
O detalle foi unha visita polo museo celeste, cun percorrido pola traxectoria e historia do club en todos estes anos. A guinda do pastel foi o toque final, coa entrada ao mesmo terreo de xogo no que hoxe correrán os Iago Aspas, Bamba e compañía.
Os e as presentes na xornada de hoxe puideron tamén fotografarse nos vestiarios que esta tarde ocuparán os xogadores do Celta e do Valencia, ou pasar pola sala de prensa na que comparecerán Giráldez e Baraja.