O Celta comeza a pretempada con moito traballo por facer
O Celta comeza a pretempada con moito traballo por facer
O club vigués, pese as saídas dos últimos días, conta aínda con máis de 30 xogadores
Comeza xullo e os xogadores do Celta regresan ao traballo, non sen antes pasar as pertinentes probas médicas. Este martes foi a quenda de 6 xogadores, pola mañá Mingueza, Hugo Álvarez e Iago Aspas, e pola tarde Bamba, Unai Núñez e Fran Beltrán. Nos vindeiros días achegaranse á sede de Príncipe os máis de 30 xogadores cos que o Celta conta a día de hoxe no seu equipo.
Coa tempada finalizada o obxectivo do Celta era alixeirar o seu longo equipo, xa que a intención, segundo o director deportivo e adestrador, é a de contar cun equipo curto, arredor de 20 xogadores, e o resto rapaces do filial para ir dando apoio e crecer. Xuño foi un mes moi difícil, xa que dos 10 movementos que o Celta deixou ver que quería facer, en xuño non fixo ningún.
Nestes primeiros días de xullo completáronse algúns movementos. As esperadas saídas de Lautaro, que marcha ao Andorra, Jose Fontán, ao Arouca portugués, e a gran venda deste verán, Larsen aos Wolves por cerca de 30 millóns. Garcés ten moito traballo aínda por diante, seguir colocando xogadores cos que non se contan, e mellorar un cadro que sufriu moito a tempada pasada e que ademais perde o seu máximo goleador.