Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta deixa a un lado as estreiteces da Liga para buscar os cuartos da Copa

O Celta deixa a un lado as estreiteces da Liga para buscar os cuartos da Copa

Benítez tirará do mellor equipo posible consciente da gran oportunidade que ten no torneo do KO

O partido contra o Valencia xógase o mércores ás 20:00 horas

G24.gal 15/01/2024 21:46

De Mallorca a Valencia. O Celta deixa a un lado as estreiteces da Liga para buscar praza nos cuartos de final da Copa do Rei, non chega tan lonxe desde a semifinal de 2017 co Alavés.

Eliminatoria esixente a partido único, polo que Benítez terá que tirar dos mellores. E o mellor do último mes é Renato Tapia, por escolla da afección. Empezou a temporada suplente e agora é un imprescindible. Foi o MVP na vitoria contra o Betis.

Tapia acaba contrato en xuño. O seu futuro depende agora de Marco Garcés, que está ocupado co mercado de inverno e en coordinarse con Benítez.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar