Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta estuda converterse en accionista do Paços de Ferreira da liga portuguesa

O Celta estuda converterse en accionista do Paços de Ferreira da liga portuguesa

O club do distrito do Porto acordou o sábado a conversión en SAD e unha das propostas inclúe unha achega do club vigués

G24.gal 30/06/2024 08:42

Segundo informan os xornais A bola e O jogo o Celta tería feita unha proposta económica para converterse en accionista do Paços de Ferreira, equipo do distrito do Porto e que xoga na segunda división de Portugal. 

Na xornada do sábado os socios do Paços aceptaron por maioría (68 %) a conversión do club no equivalente en España ás Sociedades Anónimas Deportivas (S.A.D.). Agora terán que buscar accionistas que acheguen o capital social co que vai comezar a entidade. 

Aí é onde entra o Celta. Da man de Gestifute, empresa do representante de futbolistas Jorge Mendes, o club vigués a carón do Independiente del Valle do Ecuador terían feita unha das propostas -de arredor dos 10 millóns de euros- para facerse co paquete maioritario de accións do Paços. 

O club é un equipo con moita historia no fútbol portugués. Entre 2005 e 2023 estivo sempre na Primeira Liga agás unha temporada (18-19) e nese 2023 descendeu á segunda categoría. Mesmo xogou competicións europeas e unha previa da Liga de Campións na tempada 13-14. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos