O pivote serbio Oliver Stevic, novo xogador do Obradoiro
O pivote serbio Oliver Stevic, novo xogador do Obradoiro
Héctor Galán: “É un xogador sobradamente coñecido, que xogou a moi bo nivel tanto na Liga Endesa como en Primera FEB esta última tempada. É un interior que pode ocupar as dúas posicións"
O serbio Oliver Stević e o Monbus Obradoiro chegaron a un acordo para que o pivote sexa xogador do equipo durante a vindeira tempada.
O xogador conta con máis de dez anos experiencia na máxima categoría do baloncesto español. No último curso Stević reforzou ao Lenovo Tenerife para o playoff da Liga Endesa e xogou a fase regular no Hestia Menorca de Primera FEB, onde acadou 12,5 puntos e 7 rebotes, cunhas porcentaxes de 56,5% en tiros de dous e 78% en tiros libres.
O director xeral do Monbus Obradoiro, Héctor Galán, destacou a experiencia de Stević:
“É un xogador sobradamente coñecido, que xogou a moi bo nivel tanto na Liga Endesa como en Primera FEB esta última tempada. É un interior que pode ocupar as dúas posicións, cunha moi boa lectura de xogo, boa capacidade de pase e ameaza a media distancia”.