Publicador de contidos
Publicador de contidos

Sergi García marcha do Breogán para xogar no Granada

Sergi García marcha do Breogán para xogar no Granada

O base internacional estivo as dúas últimas temporadas no cadro lucense

G24.gal 02/07/2024 19:25

Baixa importante no Breogán para a vindeira temporada. Non segue o base Sergi García que marcha do cadro lucense para xogar nun rival directo, o Granada. O internacional foi un xogador importante na rotación de Mrsic nestes dous anos nos que promediou máis de 21 minutos por partido con 7,4 puntos e 3 asistencias. 

Sergi chegou a Lugo coa intención de volver a sentirse un xogador importante, algo que non conseguira nos últimos tempos no Andorra ou en Gran Canaria. O primeiro ano tivo o papel de segundo base pero este ano, e diante das múltiples fichaxes fallidas nese posto, colleu a responsabilidade e resultou un dos elementos máis importantes do plantel para acadar a permanencia. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos