Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta finaliza a pretemporada cun empate ante un gran rival

O Celta finaliza a pretemporada cun empate ante un gran rival

Claudio fixo unha lista semellante á da primeira xornada pero o once é probable que sufra algúns cambios

G24.gal 10/08/2024 17:56

Partido complicado fronte a un rival de entidade que gastou moitos cartos este verán e que é aspirante a postos europeos este ano. Pese a ser o derradeiro partido de pretemporada, o Celta non saíu co seu mellor once, ou co once que vai saír no primeiro partido de tempada.

Na primeira metade o West Ham foi mellor, facendo combinacións cerca da área comandados por un gran Paquetá, que fixo a asistencia do primeiro gol de Jarrod Bowen. O celta empatou da man de Mihailo Ristic tras centro de Mingueza ao que non chegaba o Panda. Momento de relaxación no partido ata que Paquetá volveu frotar a lámpada e tras unha gran combinación con Antonio anotaba o segundo do equipo Inglés.

Á volta de vestiarios introducíanse os primeiros cambios, e os dous equipos baixaban un pouco o ritmo. Moitos cambios despois o Celta anotaba o empate nunha boa xogada que remataba cun disparo bloqueado a Fran Beltrán, e un gol de rato de área de Pablo Durán. Sen moitas máis ocasións chegouse ao final dos 90 minutos e deuse paso a unha tande de penaltis para decidir o gañador da Betway Cup. Ilaix Moriba, a nova fichaxe do Celta, errou o seu penalti, pero Marc Vidal logrou ataxar outro, polo que o encontro decidiuse na morte súbita. Tras un par de intentos marcando os dous equipos as súas penas máximas, Pablo Durán mandou o balón por riba do traveseiro é o West Ham proclamouse gañador do partido.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade