O Celta Fortuna logra os seus primeiros puntos cun sufrido triunfo ante o Tarazona
O Celta Fortuna logra os seus primeiros puntos cun sufrido triunfo ante o Tarazona
O filial venceu grazas a un gol de Manu Garrido no minuto 78
Logo da estrea con derrota no Toralín, o Celta Fortuna pouido por fin conseguir os primeiros puntos desta temporada. Foi na segunda xornada, e ante o Tarazona, que vendeu cara a súa pel en Balaídos. Os homes de Giráldez, que se queixara amargamente na estrea da falta de sorte, souberon madurar o partido e decidírono nunha acción illada. Foi no minuto 78, a doce do remate, cando Manu Garrido aproveitaba un servizo de Tincho para abrir o marcador.
Aínda puido lograr Manu Garrido un segundo gol no engadido de seis minutos. Pero o seu remate petou no pau. Quedou nunha anécdota, xa que, xusto a seguir, o colexiado asubiaba o final do encontro, e con el o Celta Fortuna colocábase con tres puntos nesta Primeira Federación.