Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Fortuna non pode co Unionistas en Balaídos (0-0)

O Celta Fortuna non pode co Unionistas en Balaídos (0-0)

O equipo de Fredi foi medrando no partido, pero non puido marcar

Óscar Marcos tivo o gol en dúas xogadas claras

Foto: @CanteiraCeleste
G24.gal 21/09/2024 21:28

O Celta Fortuna segue sen coñecer a vitoria. Contra o Unionistas sumou o terceiro empate do curso nun partido en que mereceu máis. O equipo salmantino entrou mellor no partido, e dominou territorialmente nos primeiros minutos, aínda que sen crear ocasións claras. Aos poucos, o filial foise sacudindo ese dominio, e rematou tendo a súa mellor ocasión á media hora desta primeira metade. Un bo balón filtrado por Miguel Román, que Óscar Marcos non foi quen de traducir no primeiro gol do partido. O seu remate no man a man salvouno o porteiro Iván Martínez.

Logo desta ocasión, o Celta Fortuna seguiu aproximándose con perigo á área visitante, pero a primeira metade acabou cun gran susto. Unha contra de Unionistas, cun centro que, despois dun rexeitamento, caeulle aos pés a David Rabadán. So diante de Marc Vidal, rematou cruzado xunto á cepa do pau.

Na segunda metade o Celta Fortuna seguiu dominando territorialmente, e a súa primeira ocasión levou a sinatura de Tincho, que volveu topar con Iván Martínez. Houbo que agardar ata case a hora de partido para ver o primeiro remate entre os tres paus dos visitantes, ben bloqueado por Marc Vidal. E, xusto a seguir, unha grandísima ocasión xogada colectiva dos olívicos remataba cun remate de Óscar Marcos por riba do traveseiro.

Seguía insistindo o equipo de Fredi e, nun lanzamento de falta, e outro tiro afastado de Dela, estiveron a piques de chegar dous goles, pero o empate non se moveu, e deixa ao filial olívico sen coñecer a vitoria no que vai de temporada.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade