O Celta leva sete anos sen gañar a domicilio ao Valencia na Liga

Foi en marzo de 2016 con goles de John Guidetti e Hugo Mallo

G24.gal 20/11/2023 13:46 Última actualización 20/11/2023 13:57

O Celta retomará este próximo sábado LaLiga fronte ao Valencia en Mestalla, onde gañou por última na competición doméstica en marzo de 2016 con goles de John Guidetti e Hugo Mallo.

Desde entón, ambos os equipos enfrontáronse sete veces no estadio do Valencia e o equipo galego só logrou puntuar nunha delas. Foi na sexta xornada do curso 2018-19 cando Iago Aspas rescatou un punto para o conxunto dirixido entón polo arxentino Antonio Mohamed na recta final do choque.

Os outros seis enfrontamentos en LaLiga caeron ao lado valencianista, e nos catro últimos o Celta quedou ademais sen marcar. Perdeu 1-0 en febreiro de 2020 (gol de Carlos Soler no minuto 77), 2-0 nos cursos 2020-21 e 21-22 e 3-0 a pasada tempada. Na tempada 2017-18, o Valencia tamén levou a vitoria por 2-1.

O italiano Simone Zaza adiantou aos locais no minuto 28 pero Aspas igualou no inicio do segundo tempo. O tanto da vitoria valencianista asinouno Dani Parejo desde o punto de penalti no minuto 81.

O choque desta fin de semana estará marcado polo regreso de Rafa Benítez ao estadio valencianista, onde como técnico logrou conquistar dous títulos de Liga e outro da Copa da UEFA

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade