O Celta, líder, preparado para visitar a Cerámica
O Celta, líder, preparado para visitar a Cerámica
Giráldez mostrouse con ganas de ampliar a serie positiva mañá ante o Vilarreal
O R. C. Celta xogará o seu terceiro partido de Liga mañá no Estadio da Cerámica ás 21:30. O primeiro fóra da casa poderá verse pola primeira canle da TVG coa previa dende as 20:40.
O equipo celeste completou esta mañá a súa derradeira sesión de adestramento para preparar o encontro. Con moi bo ambiente entre os xogadores e ningunha novidade, a convocatoria será a mesma segundo confirmou posteriormente o seu adestrador, Claudio Giráldez. Iso si, Giráldez afirmou non poder adiantar o once posto que nin el mesmo o sabe. Segundo aclarou, dependerá en gran medida de "como recuperen" os xogadores de cara ao partido.
Tras dúas vitorias con remonta incluída nas dúas primeiras xornadas do campionato o Celta chega co ánimo polas nubes a este partido. Sobre o acontecido, Claudio destacou que cada partido fora distinto: "Hai unha parte negativa e outra positiva. Cada partido foi distinto, o por que comezamos perdendo e por que remontamos".
⬆️As 2 remontas en Balaídos:
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) August 25, 2024
👉"Hai unha parte negativa e outra positiva. Cada partido foi distinto"
👉"Quedo co empurrón e a mellora para poder reaccionar"
👉"A positividade que se respira en Balaídos🏟️, o equipo está crendo que é capaz de gañar pase o que pase no inicio" pic.twitter.com/XYHDCDOhez
En canto á situación do mercado, Claudio afirmou que nesta semana habería movementos no mercado e que tanto el como o club manteñen a súa folla de ruta independentemente dos bos resultados do inicio en liga. Ao seu ver, segue a ter certas zonas "sobrepoboadas" e seguen a carecer "dalgúns perfís". Segundo explicou, o seu número ideal sería de 22 ou 23 xogadores.
🗣️Claudio Giráldez falou sobre o treito final de mercado para o @RCCelta :
— En Xogo tvG2 (@EnXogo_tvG2) August 25, 2024
👉"Vanse desencadear situacións esta semana"
👉"Seguimos sendo demasiados, 22-23 xogadores sería o ideal"
👉"Nalgunhas posicións temos superhábit e fáltannos certos perfís" pic.twitter.com/8iELuXo4Be
Haberá que esperar a mañá para ver o Celta en acción de novo. O partido comeza ás 21:30 e poderá verse pola primeira canle da Televisión de Galicia dende as 20:40 que comezará a previa. O equipo vigués afrontaría o partido ante o Vilarreal como líder da liga, sempre e cando o Valladolid non venza o Real Madrid por máis de dous goles de diferenza.