Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta métese na Final4 de ascenso para a Liga Feminina, que será en Vigo

O Celta métese na Final4 de ascenso para a Liga Feminina, que será en Vigo

Gañou no partido de volta diante do Al Qázeres por 55-51 e defendeu a diferenza de catro puntos que traía da ida

A fase final xogarase en Navia o 29 e 30 de abril

G24.gal 22/04/2023 21:09

O Celta Zorka Recalvi xogará a Final4 de ascenso á Liga Feminina de baloncesto que se xogará no Pavillón de Navia en Vigo. Tiña que superar a eliminatoria de cuartos diante do Al Qázeres. Fíxoo aínda que con moito padecemento. 

Traía unha diferenza mínima de 4 puntos da ida e o partido de volta tamén foi moi igualado. As marxes foron curtísimas para ámbolos dous equipos conscientes do moito que se xogaban. No primeiro cuarto o resultado era de 16-14 e ao descanso 30-28. 

No segundo tempo apareceron os nervios en ataque e baixou a anotación. O último cuarto encarábano as viguesas cun 38-37. O saber facer de Regina Aguilar (14 puntos) e de Musa (12 puntos e 17 rebotes) resultaron determinantes para acadar o éxito. Agora haberá que redondealo co factor pista a prol. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos