Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta non gaña na xornada inaugural desde 2015

O Celta non gaña na xornada inaugural desde 2015

A última vitoria dos celestes na primeira xornada da Liga produciuse fronte ao Levante no Ciutat de Valencia

G24.gal 13/08/2024 11:59 Última actualización 13/08/2024 12:04

O Celta, que este venres abrirá o curso ligueiro recibindo o Deportivo Alavés en Balaídos, non celebra un triunfo na xornada inaugural desde 2015.

A última vitoria dos celestes na primeira xornada da Liga produciuse fronte ao Levante no Ciutat de Valencia, nun partido marcado pola temperá expulsión do local Simao. Fabián Orellana e Aspas marcaron para o Celta e Verza para o Levante.

Desde entón, o equipo vigués nunca conseguiu sumar os tres puntos na primeira xornada. A pasada tempada, o Osasuna derrotou con claridade ao Celta de Rafa Benítez en Balaídos por 0-2, no primeiro partido de Liga.

E é que os celestes non celebran un triunfo no seu estadio na primeira xornada do campionato desde hai un decenio. A última vez foi en 2014 ante o Xetafe. Naquel partido, o equipo dirixido por Eduardo Berizzo quedou os tres puntos grazas aos goles de Nolito, Orellana e Larrivey.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade