O Celta prepara a volta da Liga contra o Valladolid
O Celta prepara a volta da Liga contra o Valladolid
O Celta recibe o equipo pucelano con baixas importantes
Claudio Giráldez é ambicioso no comezo da temporada
Regresa a competición a Balaídos. O Celta recibe mañá ás 2 o Valladolid. Este mediodía foi o último adestramento.
Swedberg xa está recuperado pero Claudio Giráldez non vai poder contar coas baixas xa coñecidas de Ristic, Carlos Dominguez, Manquillo e Alfon. E únese De la Torre cunha tendinite nun nocello.
O equipo busca a terceira vitoria na casa nunha temporada na que o técnico non só busca tranquilidade. Aspira a facer algo grande. "Máis aló dun ano tranquilo, o que busco é un ano ambicioso", dixo o Giráldez.
Sobre o partido de mañá en Balaídos, o técnico agarda "un partido con dous equipos atrevidos, que han loitar pola posesión do balón".