Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta, preto de pechar a chegada de Marcos Alonso e a saída de Unai Núñez e Kevin Vázquez

O Celta, preto de pechar a chegada de Marcos Alonso e a saída de Unai Núñez e Kevin Vázquez

Na última semana de mercado apúranse as negociacións para darlle saída ao central vasco, a Kevin, Cervi, Luca de la Torre e Tadeo Allende

Kevin xogará no Spórting de Xixón

G24.gal 27/08/2024 22:13 Última actualización 28/08/2024 14:05

Quedan tres días para que remate o mercado de fichaxes e o Celta centra os seus esforzos en incorporar a Marcos Alonso. Hai acordo co futbolista pero a chegada de Marcos está supeditada á saída de Unai Núñez, algo que tamén está moi preto de producirse. A que está confirmada é a saída de Kevin Vázquez que xogará no Spórting de Xixón

Marcos Alonso ofrecería calidade e versatilidade na defensa. Un xogador que pode actuar en banda  e como central. O xogador, de 33 anos, ten unha ampla experiencia en grandes equipos. Xogou dúas temporadas na Fiorentina, seis no Chelsea, co que actuou con regularidade gañando a Premier, Europa League e Champions, e as dúas últimas estivo no Barcelona pero non conseguiu facerse un oco no equipo titular e apenas gozou de minutos. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade