Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta quere fichar a Stefan Bajcetic

O Celta quere fichar a Stefan Bajcetic

A fichaxe está condicionada á saída de xogadores

Xa está recuperado da lesión que o mantivo sen xogar durante practicamente toda a temporada pasada

G24.gal 21/08/2024 15:32 Última actualización 21/08/2024 15:37

O Celta quere fichar a Stefan Bajcetic pero calquera opción pasa porque antes do 30 de agosto deixen o equipo varios dos xogadores que aparecen como transferibles.

Bajcetic xa está recuperado da lesión que o mantivo sen xogar durante practicamente toda a temporada pasada. Tras a súa irrupción no Liverpool, con só 18 anos, o xogador busca agora acomodo nun club en que poida ter minutos. E aí o Celta aparece como unha opción ideal.

Un xogador da canteira, que coñece o club, a cidade, e cunha enorme capacidade de progresión. Iso sí, para que Bajcetic volva vestir de celeste deben darse varias circunstancias.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade