O Celta quere gañar no Villamarín para mirar cara a arriba
O Celta quere gañar no Villamarín para mirar cara a arriba
Claudio Giráldez recupera a Swedberg para viaxar a Sevilla
O Betis, rival da parte alta, está a tiro dos vigueses
Pablo Durán e Swedberg volven entrar na convocatoria celeste. Son as novidades da lista que acaba de dar a coñecer Claudio Giráldez para medirse mañá ó Betis. Unha convocatoria na que non falta Hugo Sotelo.
O canteirán tivo esta mañá no último adestramento o recoñecemento dos seus compañeiros logo de entrar por primeira vez nunha convocatoria coa sub-21. Sotelo, en forma para xogar en Sevilla. Non tanto Swedberg que a pesar de ter a alta, chega xusto para o partido, en palabras de Claudio. O técnico tamén apuntou na rolda de prensa que o encontro de mañá ante un rival con traxectoria europea pode redefinir os obxectivos do Celta esta temporada.