Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta regresa á elite do baloncesto español once anos despois

O Celta regresa á elite do baloncesto español once anos despois

Derrotou na final disputada en Navia ao Paterna por 57-67 logo dun gran último cuarto

G24.gal 30/04/2023 19:26

O Celta Zorka Recalvi volve á elite do baloncesto español despois de gañar a fase de ascenso organizada no pavillón vigués de Navia. Derrotou o Paterna por 57-67 e puxo fin a once anos afastadas da primeira categoría. 

Non foi unha final nada doada. O equipo vigués saíu moi mentalizado e mandou no primeiro cuarto (15-22) e ata o descanso mantivo a vantaxe no marcador (32-38). Pero no terceiro cuarto o partido torceuse e o Paterna, equipo vencellado ao Valencia Básket, púxose por diante con dez minutos para o remate da temporada (50-46). 

No momento máis complicado apareceu Regina Aguilar para cambiar a sorte do partido. Anotou once puntos no último cuarto e liderou o equipo vigués que fixo un parcial de 7-21 no último período. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos