Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta supera o Spórting de Xixón no seu terceiro amigable

O Celta supera o Spórting de Xixón no seu terceiro amigable

Douvikas e Cervi foron os goledores do conxunto celeste

Claudio Giráldez non acabou contento co xogo dos seus pupilos

Once do Celta contra o Spórting de Xixón. RC CELTA
G24.gal 23/07/2024 16:00

Dous de tres. O Celta recolleu a súa segunda vitoria da pretempada despois de empatar co Benfica no encontro que inauguraba a preparación celeste. Despois, o Vizela (4-0) e agora o Spórting de Xixón (2-1) sucumbiron diante dun equipo que comeza a coller ritmo con vistas á 24/25.

Os asturianos comezaron mellor e inauguraron o marcador no minuto 8. Foi Caicedo o que recibiu na frontal da área e colocou o balón á súa dereita, fóra do alcance de Marc Vidal. Tocáballes remontar aos galegos. O empate púxoo Douvikas, o goleador da pretemporada, que xa suma catro tantos. Xogada de Swedberg, que amosou a súa clase, e pase para o grego, que bateu a Yáñez.

Vídeo dos canteiráns celestes.

Xa no segundo tempo, Cervi aproveitou un rexeite preto da meta do Xixón para poñer a vitoria final. Non acabou contento Giráldez. que mostrou a súa preocupación polo xogo do equipo. Non recoñeceu o estilo de xogo que quere impoñer o técnico do Porriño. Maila ter moito que mellorar a ollos do adestrador, o Celta, con moita presenza de xogadores da casa, segue o seu rumbo e recolle bos resultados.

Claudio Giráldez, tras o partido.
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade