Publicador de contidos
Publicador de contidos

Paciência e o Celta separan os seus camiños

Paciência e o Celta separan os seus camiños

O dianteiro portugués desvincúlase do club e convértese en axente libre

Marcou tres goles en máis de 800 minutos vestindo a celeste

G24.gal 19/08/2024 21:28

Era un segredo a voces. A despedida de Paciência do Celta era cuestión de tempo. O portugués non contaba nos plans de Claudio Giráldez e, despois de volver de cesión, buscábase a súa saída. Ao final, fíxose oficial en forma de desvinculación.

O dianteiro portugués chegou a Vigo no 2022 para reforzar a parcela ofensiva, pero non se consolidou no ataque celeste. Isto fixo que marchara cedido ao Bochum alemá, país do que chegara ao Celta, na pasada tempada.

Tres goles en algo máis de 800 minutos coa celeste, Paciência marcha de Vigo sen un rumbo claro. Tras a súa desvinculación, o xogador queda libre, e o conxunto olívico libera masa salarial e fai oco para algunha posible incorporación de última hora.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade