Publicador de contidos
Publicador de contidos

Senadores galegos do PP piden "maior compromiso" do Goberno central co AVE Vigo-O Porto

Senadores galegos do PP piden "maior compromiso" do Goberno central co AVE Vigo-O Porto

Esixen unha programación completa de actuacións e investimentos na alta velocidade entre Galicia e Portugal en que se dea prioridade á saída sur

G24.gal 10/08/2024 14:33

O grupo de senadores galegos do Partido Popular piden un "maior compromiso" do Goberno central co AVE Vigo-O Porto.

Para iso presentaron unha moción na Cámara Alta en que demandan que a conexión por alta velocidade ferroviaria entre Galicia e Portugal sexa, segundo din, "unha realidade canto antes".

Os populares esixen na súa iniciativa unha programación completa de actuacións e investimentos no AVE Vigo-O Porto en que se dea prioridade á saída sur, así como a modernización e mellora do servizo que presta actualmente o denominado Tren Celta.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade