Publicador de contidos
Publicador de contidos

Trens cheos entre Santiago e Vigo no primeiro venres do novo curso universitario

Trens cheos entre Santiago e Vigo no primeiro venres do novo curso universitario

Os estudantes din que o reforzo de prazas posto en marcha por Renfe non é suficiente

G24.gal 13/09/2024 15:15

Chega o venres, e conseguir billete é unha misión imposible para os estudantes.  Segundo os estudantes, o reforzo semanal de 7.300 prazas posto en marcha por Renfe, non está a ser efectivo. Ante esta situación, piden máis frecuencias sobre todo nos trens máis demandados: luns, domingos e venres.  

Deste xeito este venres a volta á casa preséntase complicada para os universitarios.  E o domingo volverase complicar a situación. Moitos xa están optando polos autobuses, o que provoca que tamén se estean saturando. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade