O Celta viaxa a Pamplona buscando reverter unha situación complicada
O Celta viaxa a Pamplona buscando reverter unha situación complicada
Un fatídico mes de xaneiro deixa os celestes moi danados
Viaxan as últimas incorporación dun mercado invernal en que se contrataron perfís que complementan o equipo, segundo di Benítez
O Celta sae hoxe cara a Pamplona na busca da segunda vitoria na Liga en 2024. Manquillo e Allende formaran parte da expedición e poderían sumar minutos no partido. Enfrontan dous partidos consecutivos lonxe de Balaídos que poden ser fundamentais para coller aire na táboa. Unha vitoria en Pamplona empataríaos a puntos co Mallorca, que é 15º con 20 puntos. Ademais, podería situalos con 4 puntos da vantaxe se o Cádiz perde o seu partido co Villareal (xogan ás 14:00, antes co Celta).
Benítez foi ratificado esta semana pola presidenta, Marian Moruiño, quen dixo que seguirá no cargo ata que "a situación sexa insostible".
O técnico compadeceu ante os medios esta mañá, onde comentou a necesidade de recuperar sensacións tras os últimos encontros:
"O equipo fixo cousas para pensar que evolucionou".
Recalcou de novo a necesiade dunha unión entre plantilla, corpo técnico, directiva e afección. Asegura que:
"A chave é que estemos todos unidos, que nos distraiamos o xusto"Temos que entender iso e entendelo pronto"
Os novos entra na lista de convocados e xa andan en disposición de ter minutos no encontro. Tadeo Allende foi o último en chegar do cal Benítez di que
"Ten gol, velocidade, poderío e disputa vainos dar cousas distintas"