Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Zorka perde a marxe que tiña co descenso

O Celta Zorka perde a marxe que tiña co descenso

A reacción de Gran Canaria con catro triunfos seguidos fai que iguale coas viguesas con oito vitorias

O Baxi Ferrol, co seu triunfo en Bembibre, continúa enganchado á loita polo play off

G24.gal 17/03/2024 10:46

O Celta Zorka Recalvi perdeu na casa ante o potente Valencia no regreso de Raquel Carrera (8 puntos) e Alba Torrens (11 puntos) a Navia (48-73). As laranxas estiveron sempre por diante no marcador pero as de Cristina Cantero non baixaron os brazos malia a ampla desvantaxe. Haidara con 16 puntos foi a máxima anotadora do partido. As viguesas suman a segunda derrota consecutiva. 

O Durán Maquinaria Ensino perdeu na casa ante o Araski. Racharon así cunha xeira de tres vitorias consecutivas. Foi un partido de baixa anotación, só Blanca Millán, con 10 puntos estivo en dobres díxitos. Laura Aliaga meteu 6 no seu regreso o Pazo. O Ensino mantén o posto de play off pero cunha soa vitoria de marxe (13 vitorias).

Unha vitoria menos, 12, ten o Baxi Ferrol, que rachou a súa xeira de dúas derrotas consecutivas na cancha do Bembibre, o pechacancelas. As ferrolás racharon o partido xa no primeiro cuarto, cun parcial de 14-22 e remataron gañando 42-70. Rachel Howard con 14 puntos, Claudia Soriano con 12 e Jessica Fequiere con 10 foron as máximas anotadoras do coxunto de Lino López, que recupera sensacións antes da Copa da Raíña da vindeira semana.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade