Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Celta Zorka regresa á elite do baloncesto feminino ante as últimas campioas

O Celta Zorka regresa á elite do baloncesto feminino ante as últimas campioas

Este venres (19:30) debuta o equipo de Cristina Cantero en Valencia contra o poderoso equipo en que xoga Raquel Carrera

G24.gal 21/09/2023 20:33

O Celta Zorka regresa á elite do baloncesto feminino despois dunha longa ausencia. Perdeu a categoría no ano 2012 e despois de moitos intentos conseguiu estar na Liga Feminina Endesa. 

O inicio do campionato é de categoría. Visita a pista máis difícil da competición, a do Valencia Basket. As vixentes campioas son as grandes favoritas para o título e contan coa ex do Celta e estrela da selección española Raquel Carrera. Xunto a ela, un grupo de internacionais como Cristina Ouviña, Alba Torrens ou Queralt Casas, que compoñen un dos mellores grupos de Europa. 

O Celta Zorka buscará sacar o mellor das súas prestacións: "Non chegamos nas mellores condicións, pero temos que competir e espremernos ao máximo", comentounos a súa adestradora Cristina Cantero. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos