Publicador de contidos
Publicador de contidos

O certificado covid serve de revulsivo ás persoas con doses pendentes

O certificado covid serve de revulsivo ás persoas con doses pendentes

3.000 galegos menores de 40 anos achegáronse estes días aos grandes recintos para poñer a 1ª dose ou para completar a inmunización

Expresan o seu desexo de contar co certificado covid ou de telo "en regra"

G24.gal 26/11/2021 14:10

Nas ringleiras dos centros de vacinación, entre milleiros de convencidos que acoden puntualmente ás chamadas oficiais, vemos estes días máis persoas que, ata o momento, non tiñan a intención de vacinarse. Persoas que por fin se deciden a poñer a primeira dose e outros que se vacinaron unha vez pero deixaron pasar a ocasión de completar a pauta, por diferentes razóns.

 "Hai xente que non veu porque estaba fóra ou porque o día da cita non podía, ou dáballe preguiza; e outros, por medo: veñen agora ao ver tanta xente que se vacinou sen problema ningún", explica Alejandro Baño, coordinador de vacinación en Santiago.

Moitos explican tamén que queren ter o pasaporte covid en regra para poder viaxar ou acceder a actividades de ocio ou oportunidades laborais. Sexa como sexa, as portas abertas dos grandes recintos atraen máis nestes días os que pasarán a ser axiña novos inmunizados.

Tamén atopamos persoas que pasaron a covid, e que buscan a segunda dose para adaptarse ás novas esixencias da Unión Europea.

Hai unha maioría de vacinados cada vez máis ampla que di que non entende os que non aínda non acaban de decidirse. 

" Isto é de todos. E despois, como poden acudir á sanidade pública?", pregúntanse.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar
Publicador de contidos