Publicador de contidos
Publicador de contidos

O chef José Andrés pide unha investigación independente do ataque á súa ONG

O chef José Andrés pide unha investigación independente do ataque á súa ONG

O cociñeiro español cre que Israel está librando unha guerra contra a humanidade

O ataque á ONG a principios de abril custoulle a vida a sete cooperantes

O chef na entrevista da canle estadounidense ABC
G24.gal 07/04/2024 20:10 Última actualización 07/04/2024 21:03

O chef José Andrés acusa a Israel de atacar deliberadamente con drons traballadores humanitarios e de estar librando unha guerra contra a humanidade. O cociñeiro español pide unha investigación independente sobre o ataque que acabou coa vida de sete cooperantes da súa ONG.

"Que o convoi foi atacado deliberadamente é obvio".

Nunha entrevista televisiva nos Estados Unidos, explicou que o bombardeo sobre Gaza que matou sete cooperantes da súa ONG foi deliberado pola precisión e porque houbo un seguimento do convoi humanitario durante case dous quilómetros e atacaron os tres vehículos.

"Un erro..., pero o segundo, o terceiro?".

Insiste en que as autoridades israelís coñecían previamente a ruta da ONG, e aínda que agradece a investigación de Israel sobre o ataque, cre que debería haber outra independente. Non pode ser, di, que o responsable do sucedido se investigue a si mesmo.

Xa non se trata, engade, da morte de sete homes e mulleres dunha ONG. Para o chef, isto xa non semella unha guerra para defender Israel, senón unha guerra contra a humanidade.

Apela ao presidente Biden para que apoie o dereito de Israel a defenderse, pero tamén debe defender que os palestinos non poden morrer intentado conseguir un anaco de pan.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade