Publicador de contidos
Publicador de contidos

O ciclón Gabrielle arrasa Nova Zelandia

O ciclón Gabrielle arrasa Nova Zelandia

58.000 fogares quedaron sen luz

Más de 500 voos cancelados

A cidade de Auckland prepárase e piden aos veciños que non saian da casa

G24.gal 13/02/2023 08:03 Última actualización 13/02/2023 08:38

Din que é unha tormenta potencialmente devastadora: falamos do ciclón Gabrielle, que xa chegou a Nova Zelandia. Na Illa Norte calcúlase que 58.000 fogares non teñen luz, alí é onde se concentran as incidencias causadas polas intensas chuvias, as ondas xigantes e os ventos, que chegan aos 160 quilómetros por hora.

Varias localidades da costa declararon o estado de emerxencia e foron evacuadas. As autoridades avisaron aos veciños de Auckland, a cidade máis grande do país, de que deben quedar na casa. O aeroporto cancelou máis de 500 voos. Moitas escolas e servizos públicos están pechados hoxe. 

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar