Último día de calor antes de que chegue a auga e, na fin de semana, a neve
Último día de calor antes de que chegue a auga e, na fin de semana, a neve
O sol e a calor dan paso a chuvia, e xa para o venres chegan ventos do noroeste e baixada notable das temperaturas
Despois de varios días de moita auga, este mércores pasamos dos 20 graos en case todo o país. Porén a cousa non vai durar moito, porque o xoves volve a chuvia e o venres notaremos unha baixada grande das temperaturas. Por iso non sorprende que moitos quixeran aproveitar este mércores para pasear, estar nunha terraza ou mesmo ir á praia.
En poucas horas imos pasar do sol e da calor deste mércores, en zonas do sur do país poden chegar aos 25 graos, á chuvia prevista para mañá á tarde, asociada a unha nova fronte.
O venres chega o frío, o descenso térmico deixará toda Galicia arredor dos 15 graos. A maiores hai engadir o vento do noroeste, que fará que a sensación térmica sexa aínda máis baixa. O venres as chuvieiras xa serán intermitentes, unha situación que vai continuar durante a fin de semana. Mesmo para o sábado hai previsión de neve nas zonas de montaña do oeste por enriba dos 1.200 metros.