O Cisne axúdalle ao Cangas, que podería salvarse mesmo do 'play out'
O Cisne axúdalle ao Cangas, que podería salvarse mesmo do 'play out'
O equipo pontevedrés gañoulle ao Guadalaxara, rival directo dos do Morrazo na loita pola salvación
Se o Cangas gaña na última xornada evita o descenso e dependería do resultado do Sinfín para saber si tamén o fai coa eliminatoria
O Frigoríficos do Morrazo atopou unha gran axuda do Cisne na penúltima xornada da Liga Asobal. Os pontevedreses enfrontábanse ao Guadalaxara, que podía superar o Cangas e metelo en descenso directo a unha xornada do final. Amosaron unha profesionalidade e un compromiso dignos de eloxio e acadaron o triunfo por 28-27. A quince minutos do final perdían por 22-23, pero un parcial de 5-1 propiciou a derrota dun Guadalaxara que xogaba a vida.
Na última xornada haberá un Guadalaxa - Sinfín do que poden tirar proveito os de Cangas. No caso de gañar diante do Huesca no Gatañal estarían fóra do descenso directo. Si ademais o Sinfín non gaña na pista do Guadalaxara tamén evitarían o play out.
Sabe o Frigoríficos que se xoga a temporada a un partido (perdeu na penúltima por 31-27 diante do Cuenca) pero a opción da salvación total era algo co que non contaban e que teñen que agradecer ao Cisne.