Cargando resultados...
O Cisne non pode co Anaitasuna (26-33) e segue na zona de perigo
O Cisne non pode co Anaitasuna (26-33) e segue na zona de perigo
O Anaitasuna abriu diferenzas no treito final da primeira metade
Foto: Fernando Lago
G24.gal
05/02/2023 12:00
O Cisne vai seguir de penúltimo logo de caer derrotado en Pontevedra ante o Anaitasuna por un claro 26 a 33.
O conxunto galego aguantou ben ata o minuto 15 da primeira metade, ao que chegou con vantaxe no marcador. Pero os navarros, cun parcial de oito un antes do descanso, lograron unha diferenza que foi insalvable para os locais, malia os oito goles marcados por Carlos Álvarez.
A derrota deixa os pontevedreses con só sete puntos na táboa da Liga ASOBAL.