Cargando resultados...
O Cisne perde contra o Huesca nun mal treito final do partido (27-32)
O Cisne perde contra o Huesca nun mal treito final do partido (27-32)
Os pontevedreses marcharon ao descanso por diante
Condenounos o parcial de 2-6 non últimos cinco minutos
Foto: Fernando Lago @ASOBAL
G24.gal
23/10/2022 14:02
O Cisne recibía o Huesca no Príncipe Felipe, e comezou cunha boa primeira metade en que se impuxo ao cadro aragonés. Ao descanso, o resultado era de 17 a 14 a prol do Cisne.
Na continuación foron mellorando os oscenses e a cinco minutos para o final os galegos estaban a un so gol: 25 a 26. Pero un último parcial de 2 a 6 acabou por mandar a vitoria e os puntos para Huesca.
Carlos Álvarez marcou 6 goles, Gabi Oliveira achegou 4 e outros tantos Mateo Arias. Álex Chan non estivo atinado, anotou 3 goles dun total de dez lanzamentos.