O Coliseum da Coruña acolle a XXII gala dos Premios Mestre Mateo
O Coliseum da Coruña acolle a XXII gala dos Premios Mestre Mateo
A actriz Lidia Veiga e o actor Miguel Canalejo presentan o espectáculo, dirixido pola dramaturga Noemi Rodríguez
A música corre a cargo de Fillas de Cassandra, que contan coa colaboración de Mondra e os peliqueiros de Laza
O Coliseum da Coruña acolle a partir das 22:00 horas a gala dos premios Mestre Mateo, que emite en directo a Televisión de Galicia, na que se darán a coñecer as gañadoras e gañadores da súa XXII edición.
A actriz Lidia Veiga e o actor Miguel Canalejo presentan o espectáculo, dirixido pola dramaturga Noemi Rodríguez. A música corre a cargo de Fillas de Cassandra, que contarán coa colaboración de Mondra e os peliqueiros de Laza.
A serie Rapa, con 16 candidaturas, e as longametraxes O corno, con 14, e Matria, con 12, acaparan 42 candidaturas finalistas. A continuación, sitúanse os filmes Salta, con 9, e Fatum, con 5.
Un total de 173 producións presentáronse este ano aos galardóns, da Academia Galega do Audiovisual, 21 traballos menos ca no 2023. Porén, bateuse a marca de participantes nas categorías de longametraxe, programa e curtametraxe.