Cargando resultados...
O comercio adianta cada vez máis a campaña do Samaín, celebración que medra ano tras ano
O comercio adianta cada vez máis a campaña do Samaín, celebración que medra ano tras ano
G24.gal
26/10/2024 15:30
Última actualización 25/10/2024 21:03
Achégase unha das datas marcadas no calendario galego: a festa do Samaín. Unha celebración que nos últimos anos se está a cenverter tamén nun reclamo comercial. Igual que sucede co Nadal, cada vez máis a campaña do Samaín chega antes. De feito, en vilas e cidades de toda Galicia tendas e comercios levan semanas, e mesmo nalgúns casos meses, lucindo nos seus escaparates produtos do máis terrorífico.