Publicador de contidos
Publicador de contidos

O comité de Alu Ibérica pídelle a Pedro Sánchez que a SEPI merque a planta

O comité de Alu Ibérica pídelle a Pedro Sánchez que a SEPI merque a planta

O comité de empresa condena que non obtivo resposta por parte do presidente do Goberno

G24.gal 04/02/2022 15:34

O comité de empresa de Alu Ibérica A Coruña (antiga Alcoa) remitiu unha carta ao presidente do Goberno para pedirlle que a Sociedade Estatal de Participacións Industriais (SEPI) compre a planta, por ser “a única solución para rescatar unha produción vital” para España.

Tras enviar este escrito o día 25 de xaneiro, o comité de empresa condenou que non obtivo resposta por parte do presidente do Goberno. No texto, a representación dos empregados pide ao Goberno que cumpra “cos compromisos adquiridos” cando en 2019 tutelou a venda de Alcoa a  Parter.

“Sería incomprensible que unha empresa que ten uns activos calculados nuns 210 millóns de euros e só unha débeda de 20 millóns de euros, da que a metade é débeda á Administración, termine en mans dunha empresa que só vén especular cos seus activos esquecéndose dos traballadores”, subliña o comité.

Na mesma carta, condenan a “nefasta xestión” de Sánchez ao permitir, ao seu xuízo, que Alcoa acabase coa produción de aluminio primario en España ao deixar de producilo tamén en San Cibrao, en Cervo.

Os empregados trasladaron ao presidente a súa “crítica” situación, “inmersos na actualidade nun concurso de acredores logo de ser enganados e estafados pola trama empresarial encabezada por Alcoa”.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade