Publicador de contidos
Publicador de contidos

O comité de crise da central térmica das Pontes vaise reunir o 15 de decembro

O comité de crise da central térmica das Pontes vaise reunir o 15 de decembro

Endesa continúa co seu obxectivo de pechar a planta a finais de ano

G24.gal 05/12/2021 14:15

Tras a chegada do último cargamento de carbón para a central térmica das Pontes de García Rodríguez, Endesa continúa co seu obxectivo de pechar a planta a finais de ano.

A autorización para cerrar a fábrica está aínda pendente de trámites ambientais. Eloy Sardiña, voceiro de Comisións Obreiras explica que a empresa mantén o seu obxectivo.

"A empresa, polo que comentan, segue coa folla de ruta, en teoría din que segue todo igual, pero está claro que se atrasou todo e tamén a situación que se está dando no mercado eléctrico, que é unha crise mundial polo prezo dos combustibles, principalmente do gas, pode que se prolongue. Seguimos nunha incerteza constante e alguén ten que dar algún dato".

Os sindicatos insisten en reclamar que a térmica permaneza activa "ata articular unha alternativa de transición enerxética sólida". 

Reclámanlle a Endesa que participe na xuntanza do comité de crise convocada pola Xunta para o vindeiro día 15 de decembro.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade