O Comité Galego do Transporte desvincúlase do paro no sector convocado a partir da próxima medianoite
O Comité Galego do Transporte desvincúlase do paro no sector convocado a partir da próxima medianoite
O Comité Galego do Transporte desvincúlase do paro no sector convocado a partir da próxima medianoite
FETRAM, integrada no colectivo galego, asegura que o paro agora é insostible e non beneficia nin as empresas nin a sociedade
Unha das asociacións galegas que representa o sector do transporte, FETRAM, insiste ante a convocatoria do paro realizada pola Plataforma en Defensa do Transporte que non é o momento para realizalo. O vicepresidente desta organización, Antonio Fernández, dicía no programa Bos Días da TVG que están abertas as negociacións co Goberno sobre a lei de custos mínimos e que xa hai avances considerables.
"Que os condutores non participen na carga e descarga dos camións, que se poidan incorporar nos contratos unha cláusula de revisión automática segundo o prezo do gasóleo, reducíronse os tempos de espera e se poidan facturar os gastos de espera a partir dunha hora", explica Antonio Fernández.
Asegura que as negociacións agora están en lograr en que haxa un mínimo de custo que teña que cubrir o transporte.
"É complicado incorporar un prezo mínimo no sector, xa que ás veces se fala por quilómetro, pero no transporte hai moitas modalidades, local, rexional, nacional, internacional coas súas singularidades e transportes con mais peso na saída ou no regreso", di Fernández.
Os transportistas que non secundarán o paro din que a plataforma, minoritaria no sector, vese apremada polos seus asociados, que sofren moito ante a pouca capacidade de negociación para impoñer un prezo no transporte.
Coinciden con eles en que son necesarias máis inspeccións para que se cumpra a lexislación.
"As inspeccións non se fan como se debería. Sería precisa a participación de máis Corpos de Seguridade do Estado, e a Garda Civil ten que participar nelas" insiste Antonio Fernández.
Ante o paro convocado pola Plataforma en Defensa do Transporte aseguran que nestes momentos esta é a última medida que necesitan xa que é insostible e non beneficia as empresas nin a sociedade.