Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Compostela volve gañar ao impoñerse ao Guijuelo (1-0)

O Compostela volve gañar ao impoñerse ao Guijuelo (1-0)

O equipo santiagués pon fin a unha racha de cinco xornadas sen sumar de tres

Samu Rodríguez foi o heroe local cun golazo no inicio da segunda metade

Os de Antón Permuy volven reengancharse na loita pola promoción

G24.gal 31/03/2024 18:40

Cinco xornadas despois, cun troco de adestrador polo medio e case descolgados dos postos de promoción, o Compostela volve á senda das vitorias ao impoñerse no Vero Boquete ao Guijuelo.

Nun partido con varias baixas no conxunto galego, que recibía a un equipo asentado na cuarta praza tras catro triunfos consecutivos, os de Antón Permuy responderon de boa maneira ao apoio dos seus afeccionados. O inicio de partido foi de moito respecto entre ambos os equipos, as chegadas eran contadas, pero o Compostela tratou de tomar a iniciativa do xogo. A oportunidade máis clara da primeira metade foi a última xogada dos visitantes, tras un remate de cabeza que marchou lixeiramente por riba do traveseiro.

O inicio da segunda metade foi inmellorable para os galegos; en dous minutos, dispuxeron dunha clara oportunidade nos pés de Manu Ramírez e inmediatamente abriron o marcador cun gran gol de Samuel Rodríguez a centro de Parapar. Tras o gol, o partido volveuse máis un ida e volta. O Guijuelo puido empatar, sobre todo nos minutos finais, en que mesmo lle anularon un gol. A pesar do sufrimento final, o Compostela suma tres puntos chave para situarse sétimo a tres puntos da promoción.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar