O Compostela cae na súa visita a Zamora (2-1)
O Compostela cae na súa visita a Zamora (2-1)
Os galegos adiantáronse no marcador, pero os zamoranos déronlle a volta na segunda metade e anotaron o gol da vitoria no engadido
O Zamora sitúase terceiro e o Compostela queda fóra dos postos de promoción polo ascenso
O Compostela non deu sumado puntos na súa visita a Zamora. Un partido chave na zona alta da táboa acabou por situar os zamoranos na loita polo ascenso directo e os galegos fóra da zona da promoción de ascenso.
Os composteláns adiantáronse cun gol de Parapar no minuto 41, pero os locais remontaron o encontro na segunda metade cos goles de Castañeda no minuto 61 e de Cañizo no 92.
O Zamora queda terceiro a un punto do líder, o Pontevedra. Pola súa parte, o Compostela queda sexto, a dous puntos da zona de promoción que marca o Guijuelo.