Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Compostela remonta nas Eiroas (1-2) e foxe da zona perigosa

O Compostela remonta nas Eiroas (1-2) e foxe da zona perigosa

O pichichi Carlos López adiantou o Bergantiños na primeira parte

Roque e Fer Beltrán asinaron os tantos da remontada 

G24.gal 30/10/2022 21:16

Os puntos do derbi das Eiroas marcharon para Santiago. E iso que o Bergantiños cumpriu coa súa parte na primeira metade e marchou aos vestiarios cun gol de vantaxe que asinaba o máximo goleador da categoría. Carlos López amosaba o seu olfacto no segundo pau para adiantar os de Carballo no minuto 36

Pero o Compostela enganchouse no partido á volta da pausa, e de que xeito. So se levaban disputados catro minutos cando Roque collía un rexeitamento e remataba con precisión ao segundo pau para establecer o empate a uns.

O partido entrou nunha fase incerta, co Compostela creando algo máis de perigo, como tamén fixera durante a primeira parte. O equipo local só deu tirado a portería a balón parado, e así  se chegou ao minuto 84. Desta volta era Fer Beltrán o que culminaba a acción de ataque dos de Fabiano para asegurar unha vitoria que os afasta a catro puntos do descenso que marca precisamente o equipo de Lemos

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade
Pódeche interesar