A S. D. Compostela vence o Fabril e acada o 'playoff' (1-0)
A S. D. Compostela vence o Fabril e acada o 'playoff' (1-0)
Hugo Matos marcou o gol da vitoria
O filial queda moi tocado na táboa
Compostela e Fabril medíronse nun derbi con necesidades, certo é que diferentes, para ambos equipos.
A primeira metade comezou calmada, cos dous equipos agardando a ver que facía o rival. Un par de tímidos achegamentos locais semellaron axitar o partido, aínda que non modificaron moito o ritmo do partido. Chegada á media hora, e tras unha boa xogada que a piques estivo de xerar moito perigo sobre a meta de Brais Suárez, un saque dende o curruncho remtou cun rexeite, que, axudado pola fortuna, foi enviado ao fondo da rede por Hugo Matos. O gol motivou os de Míchel Alonso, que adormeceron o partido e resolveron dúas accións onde o filial deportivista a piques estivo de ter algunha que outra ocasión clara. Foi así como chegamos ao descanso.
A segunda metade comezou cun Fabril necesitado de gol, que levou a iniciativa. A posesión era deportivista, pero o conxunto de Gilsanz non era quen de xerar serio perigo. A ocasión máis clara, un remate coa testa que a piques estivo de converterse en gol. Cumpriuse entón a hora de partido, e ambos os equipos meteron unha marcha máis. As ocasións sucedéronse, aínda que os achegamentos foron tímidos por ambas partes. Finalmente, os da capital pecharon filas e conseguiron unha vitoria de prestixio.
O Compostela acada así postos de playoff á espera do que pase no resto da xornada, mentres o Fabril podería caer de novo á zona de descenso.