Publicador de contidos
Publicador de contidos

O Concello de Ourense debate os problemas para pagar a nómina do funcionariado

O Concello de Ourense debate os problemas para pagar a nómina do funcionariado

O alcalde, Pérez Jácome, asegura que se pagarán os soldos entre as críticas da oposición

G24.gal 30/12/2023 14:55 Última actualización 30/12/2023 15:47

Entre a polémicas e as críticas cruzadas, o Concello de Ourense celebrou un Pleno este sábado no que se analizaron as dificultades para pagar as nóminas do funcionariado municipal correspondentes a decembro e as cotas á Seguridade Social de novembro.

O rexedor municipal, Gonzalo Pérez Jácome, emitira previamente unha providencia na que reflectía a difícil situación e solicitara a transferencia de 300.000 euros de partidas inutilizadas para paliar o problema.

No Pleno, Jácome negou que falten cartos para pagar as nóminas e arremeteu contra os partidos da oposición e os medios de comunicación. O PP falou de falta de xestión do Goberno municipal e o BNG incidiu na incapacidade do equipo de Jácome.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade