Publicador de contidos
Publicador de contidos

A sanidade pública non pode absorber Muface, por Venancio Salcines

OPINIÓN

A sanidade pública non pode absorber Muface, por Venancio Salcines

Ricardo Rubio / Europa Press
G24.gal 06/11/2024 07:55

No seu momento todas as aseguradoras desexaban entrar nos concertos de Muface, é dicir, dar servizo a unha parte dos 1,5 millóns de funcionarios adscritos a esta mutualidade. Pero o servizo de saúde leva varios anos infrafinanciado, os custos médicos soben e a achega do Estado non. Por iso, xa no seu día marcharon Mapfre, Caser e Sanitas.

As que quedaron din que perderon, co último concerto (2021-2024), 600 millóns de euros. E, aínda que o goberno propón unha actualización do 17 %, esa cantidade non chega. A aseguradora DKV di que con todo perdería preto de oitenta millóns.

Polo tanto, ou actualizamos a dotación económica, e un 40 % reclaman, ou o sistema público de saúde terá que absorber 1,5 millóns de funcionarios mais as súas familias. E o asunto non é o custo, que xa de si é importante, xa que o de cada español para o sistema publico é de 1.674 €, fronte aos 1.020 € dos beneficiarios de Muface.

A cuestión central é que temos un sistema público ao bordo do colapso e o que menos pode permitirse é recibir de súpeto a todos os usuarios da mutualidade de funcionarios. Incrementaríanse as listas de espera nun 266 %, as consultas cirúrxicas nun 115 % e recibirían máis de cinco millóns de visitas en atención primaria. A vida non é querer, é poder, e o Estado, hoxe, non pode absorbelos sen grandes custos para os seus usuarios.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade