O concerto de Guns N' Roses en Vigo podería cancelarse a dez días da súa celebración
O concerto de Guns N' Roses en Vigo podería cancelarse a dez días da súa celebración
Milleiros de persoas que xa compraron a súa entrada agardan unha aclaración
O sector da hostalería preocupado polas posibles cancelacións
Para os hostaleiros a actuación da banda estadounidense en Vigo é unha grande oportunidade para os seus negocios, en especial os situados na contorno do estadio de Balaídos.
A repercusión dun concerto deste tipo afecta a toda a cidade. Os hoteis xa pecharon reservas desde hai tempo e temen que comecen as cancelacións.
Máis de 25.000 persoas que xa teñen a súa entrada están pendentes de que se solucione o erro burocrático no contrato de patrocinio que mantén en risco o concerto. Polo momento nin a produtora nin o Concello de Vigo fixeron declaracións.
O problema entre o concello e a produtora, a única que se presentou á licitación, viría pola entrega da documentación fóra de plazo. Polo momento as entradas seguen dispoñibles á venda.