Publicador de contidos
Publicador de contidos

O congresista Kevin McCarthy perdeu xa once votacións pero segue firme

O congresista Kevin McCarthy perdeu xa once votacións pero segue firme

A Cámara Baixa dos EUA segue bloqueada pola incapacidade para elixir a quen ocupe a Presidencia

Hoxe os deputados seguirán votando no que xa é o proceso con máis roldas en 164 anos 

G24.gal 05/01/2023 19:21 Última actualización 06/01/2023 03:52

Ata cinco veces foi proposto o congresista republicano Kevin McCarthy este xoves para presidir a Cámara Baixa dos Estados Unidos. E, como sucedera nas seis ocasións anteriores, tampouco sumou apoios abondos para ser elixido.

Unha vintena de ultraconservadores rebeldes levan desde o martes propoñendo e votando a candidatos republicanos alternativos: acúsano de ser demasiado moderado e queren reducir o seu poder á mínima expresión. Cedeu a boa parte das súas demandas, pero nin así o apoiaron.

Di que as negociacións van por bo camiño e hoxe volverase votar. Segundo varios medios estadounidenses, habería un principio de acordo para investilo pero aínda non convencería a un número abondo de díscolos.

McCarthy segue firme e non se marca prazos

A paciencia entre os lexisladores esgótase e os republicanos moderados cren que as moitas concesións lles poden dificultar o goberno efectivo da Cámara na que teñen maioría. Pero Kevin McCarthy deféndese, mantense firme e non se marca prazos.

Di que é mellor que fagan este proceso agora para lograr todo o que queren conseguir para os estadounidenses, que é o seu mandato. E explica que non pasa nada se se alonga máis do previsto porque o importante non é como empezan as cousas senón como acaban.

Este é xa o proceso con máis votacións en 164 anos para elixir quen ocupa a Presidencia da Cámara de Representantes. A súa actividade segue en suspenso ata que se consiga.

Publicidade
Publicidade
Publicidade
Publicidade