O Congreso pide a destitución de Marlaska unha semana despois de reprobalo o Senado
O Congreso pide a destitución de Marlaska unha semana despois de reprobalo o Senado
As motivacións son a súa xestión e mais a morte de dous gardas civís en Barbate (Cádiz) atropelados por unha narcolancha
A moción, impulsada polo PP, foi apoiada por Vox e UPN
Unha semana despois de ser censurado polo Senado, o ministro do Interior, Fernando Grande-Marlaska, foi reprobado este xoves polo pleno do Congreso, que pediu que sexa destituído pola súa xestión e pola morte de dous gardas civís en Barbate (Cádiz) atropelados por unha narcolancha o pasado día 9.
A moción, impulsada polo PP, foi aprobada grazas aos votos a favor dos deputados populares, de Vox e UPN e a abstención de Podemos, Junts e Coalición Canaria.
Hai un ano Marlaska xa foi reprobado polo Congreso pola súa xestión da traxedia do valo de Melilla, onde morreron polo menos 23 inmigrantes ao tentar entrar en España.